Notice: Undefined variable: navegador in /home/anteceso/public_html/movirede.php on line 50

Notice: Undefined variable: navegador in /home/anteceso/public_html/movirede.php on line 75
MAGOSTO A VERBA DO INVERNO

MAGOSTO A VERBA DO INVERNO

Vagadas de rapaces e rapazas andaban o anoitecer po las serras, cara os claros dos bosques, recollendo leña o paso.

Outras vagadas viñan con valdes de castañas e outros cos garrafós cheos de viño do pais.

Lume aculá indicou un, pouco a pouco o lume naceu en Castelo, en Cesár, en Farbán, ...

Acó e aculá as fogeiras alumaban a negra noite darredor do val de Sarria.

Fortes Aturulos romperon o silencio berrados por caras tiznadas de cinsa.
Corrian de traveso po los carballos, recibindo respostas de monte en monte.

Cando a lumarada era grande encetaronse os brincos por riba dela, deica a madrugada.

Castañas asadas as brasas bulladas ca mao, foron a cea pronha longa noite de vela.

Mirando as brasas recordei os paisanos de Guitiriz cruzandoas cos pes descalzos templando o medo a queimarse.

Garatuxas, pillotas e rebatiñas remataron unha noite de siglos.

AS CASTAÑAS

Dende o mes de Santos deica febreiro nas casas galegas comianse castañas de todalos xeitos.

Crudas, en pure, nas tartas, con costelas, pilongas (secadas no quenzo), cocidas co caldo da mañá ou con leite a noite, mamotas (cocidas ca pel e sal), asadas as prisas nas brasas a veira da lareira pros nenos ou pras visitas, asadas no tambor pras xuntanzas, ... , foron o xentar mais agradecido de nenos e grandes.

O primeiro magosto anuncia un inverno de vida e castañas, froito de feitos recoletores que chegan dos arcaos.

Traducir página a:

<= VOLVER ATRÁS

Este sitio usa Cookies. Más información.
Si continúa navegando en este sitio acepta su uso. Salir.


Ahora puede entrar aquí desde el móvil.
Contenidos: Copyright © Antecesores.com
(Todos los derechos reservados).
Motor Moviredes © 2013 Antecesores.com