Notice: Undefined variable: navegador in /home/anteceso/public_html/movirede.php on line 50

Notice: Undefined variable: navegador in /home/anteceso/public_html/movirede.php on line 75
TIRABAIAS

TIRABAIAS

E o xoguete máis divertido e barato de todolos que usei de pequeno no val de Sarria.

Ainda que é unha escopeta de ár-premido, non manca, pero estoupa e guinda proiectís bastante lexos; con tan bon tino que permite facer puntería precisa dabondo.

As “balas” poden ser baias (tamamen chamadas bagas noutros lugares), toricos de mazá, de pera, de pataca ou puntas de figos.

ARTELLANDO

O artello do tirabaias ten duas pezas: Tuco e Mango, a primeira faise cun toro dreito de Sabugueiro (chamado noutros sitios Bieiteiro), cortado entre dous nús.

O toro debe ter cara a unha cuarta (20 cm) ou algo menos, máis non menos de 10 cm pois nise caso non e doado que funcione.

Ai que elexir un toro de Sabugueiro vello de unhes 4 cm de ancho, pois soen ter un burato pra miola do mismo tamaño cas baias de loureiro, máis ten que estar verde, xa que sen zume non funciona a xeito.

Se o Sabugueiro e moi novo terá o burato grande e se é moi vello pode que teña o burato moi pequeno.

Cun fio de ferro ou un arame duro furalo tuco, empuxando a miola (de tipo esponxoso, semellante a corcho branco). As veces ai que usar un ferro no que se poida petar pois pode que a miola estea moi agarrada.

Ai que afuracar ben pra que non quede miola drento.

En vez de ferro, pódese facer cunha gaia de madeira tendo moito coidado de que non rompa drento, pois nise caso non soe ter remedio e ai que empezar de novo.

A casca do Sabugueiro conven quitala pois queda un tuco máis fino, e ademáis co uso irase desprendendo.

O tuco xa rematado pódese limpar con auga por drento e por fora, xa que a umidade e a base do funcionamento (máis non sobexo).

Xa rematado u burato quédanos un tuco que pode ser empregado pra lanzar graos de pan, millo pequeño ou arroz, soplandoos drento dil.

Despois temos que facer un mango cunha gaia de carballo ou de abelaira vella (u castiñeiro non soe ir ben pois ten unha miola grande que fai un mango fraxil.

Tal como se olla na figura 2 o mango ten que ter unha parte estreita e outra ancha (pra que faga tope no tuco).

A parte estreita usase pra empuxalas baias e ten que ser máis curta co tuco polo menos 5 ou 10 mm, pero non moito máis, pra que a baia que vai sair non quede moi frenada.

A parte ancha conven que teña un tamaño xeitoso pra mau do cativo ca bai usar. Normalmente faise do mismo ancho co tuco e unhes 6 cm de largo.

PROBAS

Coller baias dun loureiro, unha pizca máis grandes co burato do tuco (pra que fagan presión); ou facelas con cortes cilindricos de pataca, mazá, pera ou cabezas de figos. Máis acordaivos de que sempre teñen que ser verdes (salvo no caso das patacas).

Se as baias estan maduras enton esmagaranse drento do tuco e non funcionará.

As que máis mancan son as cabezas de figos e os recortes de pataca, máis non deixa de sere una mancadura pequena (salvo se peta nun ollo), pois a “bala” so manca tirada de moi preto e fai una mazadura que enroxece e doi durante moi pouco tempo.

Pra facela primeira proba meter no tuco unha bala e empuxala co mango deica o cabo.

Despois temos que meterlle a segunda bala empuxandoa un pouco ca punta do mango (non máis de 5 mm), e acercalo burato a orella pra escoitar se ruxe un pouco (algo esí coma un fervedoiro), se ruxe e sinal de ca baia non fai tope de todo, pero ai presión de aire (ou sexa que funciona).

Senon ruxe e que ai pouca presión ou que as duas balas fan tope sobexo, no primeiro caso non funcionará a modo e no segundo funcionara caralludo.

SHIII -> TUC

Agora collelo tuco cunha mao e o mango ca outra, metendoo no burato por tras da bala, suxetálos ben e apuntalo cabo do tuco pra parede.

Premer no mango dreito e rapido (cuidando de non torcelo, pois rompe).

Oirase o arrastre do mango, xunto cun “shii”, produto do esbarramento da bala e finalmente un “tuc” (estoupido seco, coma un “taponazo”), saindo a bala do cabo lanzada pra fora con forcia.

E a segunda bala xa queda cargada pra seguinte proba.

Traducir página a:

<= VOLVER ATRÁS

Este sitio usa Cookies. Más información.
Si continúa navegando en este sitio acepta su uso. Salir.


Ahora puede entrar aquí desde el móvil.
Contenidos: Copyright © Antecesores.com
(Todos los derechos reservados).
Motor Moviredes © 2013 Antecesores.com